README.gl.md 3.19 KB
Newer Older
Andrea's avatar
Andrea committed
1 2 3
SimpleNLG-gl
=========

Andrea Cascallar Fuentes's avatar
Andrea Cascallar Fuentes committed
4
SimpleNLG-gl é unha API de Java deseñada para facilitar a xeración de textos en linguaxe natural en galego. É unha adaptación trilingüe inglés /español / galego da libraría SimpleNLG v4.4.8, seguindo a estrutura empregada en SimpleNLG-EnFr. A libraría SimpleNLG orixinal foi desenvolvida para inglés no [Department of Computing Science de la University of Aberdeen](https://www.abdn.ac.uk/ncs/departments/computing-science/natural-language-generation-187.php). SimpleNLG-EnFr é a súa adaptación bilingüe Inglés-Francés, desenvolvida na [Université de Montreal](http://www-etud.iro.umontreal.ca/~vaudrypl/snlgbil/snlgEnFr_francais.xhtml).
Andrea's avatar
Andrea committed
5

Andrea Cascallar Fuentes's avatar
Andrea Cascallar Fuentes committed
6 7
SimpleNLG-gl está deseñada para facilitar as tarefas de realización lingüística en galego nos sistemas de xeración de linguaxe natural.

Andrea Cascallar Fuentes's avatar
Andrea Cascallar Fuentes committed
8
O desenvolvemento de SimpleNLG-gl realizouse no marco dos proxectos TIN2014-56633-C3-1-R e TIN2017-84796-C2-1-R, financiados polo MINECO e Fondos FEDER e co apoio da Rede "Tecnoloxías e Análise de Datos Lingüísticos (TECANDALI) (Ref. 2016-PG080)", coordinada polo Instituto da Lingua Galega (IGL).
Andrea's avatar
Andrea committed
9

Andrea Cascallar Fuentes's avatar
Andrea Cascallar Fuentes committed
10
Para comezar
Andrea's avatar
Andrea committed
11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21
------------
Para obter información sobre como usar SimpleNLG-gl, consulta a Wiki e a API.

Licencia SimpleNLG-gl
-----------------------------
Ao estar baseada en SimpleNLG, SimpleNLG-EnFr e SimpleNLG-ES, SimpleNLG-gl está licenciada baixo os termos e condicións da [Mozilla Public License (MPL) Version 1.1](https://www.mozilla.org/en-US/MPL/1.1/).

O lexicón empregado en SimpleNLG-gl está xerado a partir do dicionario de [FreeLing](http://nlp.lsi.upc.edu/freeling/) que está licenciado baixo os termos e condicións da [Lesser General Public License For Linguistic Resources](http://infolingu.univ-mlv.fr/DonneesLinguistiques/Lexiques-Grammaires/lgpllr.html).

SimpleNLG
------------------
Andrea Cascallar Fuentes's avatar
Andrea Cascallar Fuentes committed
22
A versión actual de SimpleNLG é a V4.4.8 ([API](https://cdn.rawgit.com/simplenlg/simplenlg/master/docs/javadoc/index.html)). Para máis información, visita a súa [páxina de Github](https://github.com/simplenlg/simplenlg) ou a [lista de discusión de SimpleNLG] (https://groups.google.com/forum/#!forum/simplenlg) para máis detalles.
Andrea's avatar
Andrea committed
23 24 25 26 27 28 29 30 31 32

Se desexas citar SimpleNLG nunha publicación académica, utiliza o seguinte documento:

* A Gatt and E Reiter (2009). [SimpleNLG: A realisation engine for practical applications](http://aclweb.org/anthology/W/W09/W09-0613.pdf). [Proceedings of the 12th European Workshop on Natural Language Generation (ENLG2009)](http://aclweb.org/anthology/siggen.html#2009_0), 90-93.

Se tes outras preguntas sobre SimpleNLG, ponte en contacto con [Ehud Reiter (The University of Aberdeen)](https://www.abdn.ac.uk/ncs/profiles/e.reiter/).

SimpleNLG-EnFr
-----------------------------
A versión actual de SimpleNLG-EnFr é V1.1. SimpleNLG-EnFr pode producir textos en inglés e francés no mesmo documento. A parte francesa cubre practicamente toda a gramática recollida en [Le français fondamental (1er degré)](http://fr.wikipedia.org/wiki/Fran%C3%A7ais_fondamental) e inclúe un lexicón con 3871 entradas que cubre a [escala ortográfica Dubois Buyse](http://o.bacquet.free.fr/db2.htm). Para máis información, visita a súa [páxina de GitHub](https://github.com/rali-udem/SimpleNLG-EnFr).