|
|
SimpleNLG-gl pódese empregar para escribir un programa que xere frases en inglés, español ou galego gramaticalmente correctas. É unha biblioteca (non unha aplicación) escrita en Java, que realiza tarefas sinxelas e útiles necesarias para a xeración de linguaxe natural (NLG).
|
|
|
Esta biblioteca distribúese como un arquivo .jar que contén todas as clases necesarias.
|
|
|
Debido a que é unha biblioteca, é necesario escribir un programa Java que utilice as clases de SimpleNLG-gl. Estas clases permiten especificar o suxeito dunha oración (‘o meu can’), o verbo (‘perseguir’), o complemento directo (‘Xurxo’) e complementos adicionais (‘porque Xurxo parecía divertido’). Os métodos de SimpleNLG-es poden tamén utilizarse para indicar, por exemplo, que o verbo estea en pasado e expresado de forma progresiva ('estaba perseguindo’).
|
|
|
Debido a que é unha biblioteca, é necesario escribir un programa Java que utilice as clases de SimpleNLG-gl. Estas clases permiten especificar o suxeito dunha oración (‘o meu can’), o verbo (‘perseguir’), o complemento directo (‘Xurxo’) e complementos adicionais (‘porque Xurxo parecía divertido’). Os métodos de SimpleNLG-gl poden utilizarse tamén para indicar, por exemplo, que o verbo estea en pasado e expresado de forma progresiva ('estaba perseguindo’).
|
|
|
Unha vez que o contido da oración estea decidido e esta información estea expresada en termos lingüísticos, SimpleNLG ensamblará as partes da oración de forma gramaticalmente correcta e xerará unha saída en forma de texto en linguaxe natural. No exemplo anterior o resultado sería “O meu can estaba perseguindo a Xurxo porque Xurxo parecía divertido”. Para isto, SimpleNLG-gl realiza as seguintes tarefas:
|
|
|
1. Organizar as diferentes partes na orde correcta.
|
|
|
2. Pór en maiúsculas a primeira letra da oración.
|
... | ... | |