|
|
Para SimpleNLG-gl, un complemento é calquera elemento que vai despois do verbo. Polo tanto, cando un elemento é etiquetado como complemento, SimpleNLG-gl colócao detrás do verbo [1]. Se se especifica un complemento directo, esta libraría colocarao despois do verbo e do complemento indirecto.
|
|
|
Nas seguintes oracións podemos ver exemplos de complementos en cursiva:
|
|
|
1. María é _feliz_.
|
|
|
2. María escribiu a carta _rapidamente_.
|
|
|
3. María viu _que as súas vacacións xa remataran_.
|
|
|
|
|
|
As palabras e frases en _cursiva_ dos exemplos anteriores son todas partes diferentes do discurso. No exemplo 1 é unha frase adxectiva, no exemplo 2 é un adverbio e no exemplo 3 é una ‘cláusula-que’. Os textos teñen unha cousa en común: son complementos e aparecen tralo verbo. SimpleNLG-gl inclúe coñecemento relativo a suxeitos, verbos e complementos directos. Con respecto a este último, SimpleNLG-gl introduce o concepto de complemento, polo tanto pódense xerar frases que vaian a continuación do verbo, sen embargo, este é moi limitado no referido a frases adxectivas, frases adverbiais, ‘cláusulas-que’ ou outras partes do discurso que poden aparecer despois do verbo. Na Táboa 2 móstranse os múltiples tipos de frases que abarcan os complementos.
|
|
|
|
|
|
|Parte do discurso|Tipo de frase|Exemplos|
|
|
|
|------------------|-------------|--------|
|
|
|
|Complemento|Frase preposicional|"no parque"|
|
|
|
| |Cláusula-que|"que Sara ve a Xoan"|
|
|
|
| |Frase adxectiva|"encantado de coñecerte"|
|
|
|
| |Frase adverbial|"moi rápido"|
|
|
|
**Táboa 2**: Frases preposicionais, `cláusulas-que´, frases adxectivas e frases adverbiais que teñen lugar ao final dunha oración considéranse complementos.
|
|
|
|
|
|
Os complementos poden ser engadidos ás oracións mediante o método `addComplement`. Por exemplo, con este suxeito, complemento directo e verbo:
|
|
|
|
|
|
p.setSubject("María");
|
|
|
p.setVerb("perseguir");
|
|
|
p.setObject("un mono");
|
|
|
|
|
|
Podemos engadir calquera tipo de complemento:
|
|
|
|
|
|
p.addComplement("moi rápido"); // Frase adverbial, pasada como unha cadena
|
|
|
p.addComplement("a pesar do seu esgotamento"); // Frase preposicional
|
|
|
|
|
|
A oración resultante é a seguinte:
|
|
|
|
|
|
María persegue un mono moi rápido a pesar do seu esgotamento.
|
|
|
|
|
|
Hai que ter en conta que solo as instancias do tipo `SPhaseSpec` poden ter complementos. Os substantivos e os verbos teñen modificadores, que serán obxecto de discusión a continuación.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
***
|
|
|
[1] Isto sempre sucede, incluso engadindo como complemento unha cadea sen significado (por exemplo, "shabadoo"), SimpleNLG-gl engadirao a continuación do verbo. |